- GIMP (mostrado baixo Aplicativos → Gráficos) é un editor de imaxes que lle permíte tanto unha pequena como unha profunda manipulación das súas imaxes. Pode usarse para compoñer imaxes ou para modificar fotos e imaxes.
- Para o seu deleite musical, bótelle unha ollada a Reprodutor de música Exaile. Pode reproducir toda a súa música, desde mp3, CD ou desde emisoras de radio por Internet.
- Se necesita gravar un CD ou un DVD, use Brasero. É moi sinxelo de usar e até pode gravar a imaxe de Xubuntu por vostede.
Todos estes aplicativos encóntranse dispoñíbeis no CD vivo, mesmo mentres se instala. Aventúrese!