Os menús do programa

A continuación descríbese a fucionalidad das opcións de menú do programa.

Aplicación

    Carga figuras desde un arquivo. Con esta opción de menú pode cargar as figuras creadas por vostede desde un arquivo.

    Carga figuras do programa. Esta opción carga as figuras distribuídas co programa.

    Elimina record do xogo actual. Pon a cero os contadores (o reloxo, o número de figuras resoltas e a puntación) correspondentes ao xogo e nivel actuais.

    Elimina todos os récords. Pon a cero os contadores de todas as modalidades  de xogo e niveis.

    Saír. Pecha o programa.

Xogo

    Tipos de xogo. Nesta opción estan todas as modalidades de tangram dispoñibles. Clique sobre o nome correspondente para seleccionala.

    Nivel do xogo. Aqui pode seleccionar o nivel de xogo entre os catro niveis  dispoñibles.

    Crear unha nova figura. O programa permite a creación de novas figuras. Consulte a sección da axuda Creación de novas figuras.

    Coloca peza. Esta opción de menú se activa cando se empeza a xogar. Se a selecciona, cando clique sobre unha peza, esta colocarseá no seu posición na figura. Se utiliza esta opción, o programa descontará parte da puntuación. Esta opción non está dispoñible no nivel Experto.

    Ver solución. Mostra a solución da figura actual. Se utiliza esta opción, xa non podrá continuar coa resolución da figura.

    Busca o nome da figura. Esta opción de menú esta activada cando non se esta xogando. Permite buscar unha figura polo seu nome no árbol de figuras. A búsqueda distingue as minúsculas das mayúsculas.

    Propón figura. Esta opción de menú selecciona unha das figuras dispoñibles aleatóriamente.

Concurso

    Esta opción de menú permite a creación de concursos ou actividades seleccionando un conxunto de figuras. Consulte a sección da axuda Concurso.

Axuda

    Nesta opción de menú pódese acceder a a axuda do programa, á página web e aos créditos do programa.