Axuda do Cargador de Arrinque

Benvido a @@@product@@@

Use este menú para seleccionar a función desexada. Se ten problemas ao navegar neste sistema de axuda, prema @@@fkey_help@@@ para entrar no descrición do sistema de axuda. As funcións principais deste menú son:

Arrincar dende o Disco Duro: Esta selección non lle fará nada ó sistema. Só inicia un sistema operativo xa instalado.

Instalación: Este modo de instalación funciona na maioría das máquinas. Se ve que o sistema se conxela durante o inicio ou ten problemas coa detección dos compoñentes do hardware, coma controladoras de disco ou tarxetas de rede, probe unha das seguintes opcións de instalación.

Instalación -- ACPI Deshabilitado: Moitos dos ordenadores que se venden hoxe en día veñen con implementacións de ACPI incompletas ou con fallos. Esta selección deshabilita o soporte de ACPI no kernel, pero aínda habilita moitas funcionalidades de rendemento coma DMA para discos duros IDE.

Instalación -- APIC Local Deshabilitado: Se falla a instalación normal, podería deberse a que o hardware do sistema non soporta APIC local. Se parece que este é o caso, use esta opción para instalar sen soporte de APIC local.

Instalación -- Opcións Seguras: Se non tivo éxito con Instalación, esta selección podería resolver o problema.

Rescatar Sistema: Esta imaxe de arrinque inicia un pequeno sistema Linux na RAM. Isto é útil se o sistema non inicia correctamente. Despois de iniciar este sistema, inicie sesión coma root.

Proba de Firmware: Executa unha ferramenta de proba da BIOS que valida ACPI e outras partes da BIOS.

Proba de Memoria: A proba de memoria é útil para máis cousas que para comprobar a instalación de novos módulos de memoria. É unha proba de rendemento para a maioría do sistema do ordenador e podería indicar problemas de hardware.

Opcións de Arrinque: As opcións de arrinque poderían cambiar totalmente o comportamento do sistema. Son opcións para o kernel.

@@@fkey_help@@@ Axuda: Isto é sensible ó contexto. Amosará pantallas diferentes dependendo do elemento activo na pantalla de arrinque. Tamén hai dispoñible unha descrición deste sistema de axuda.

@@@fkey_lang@@@: Establecer a lingua e a disposición de teclado que usa o cargador de arrinque.

@@@fkey_video@@@ Modo de Video: Aquí pode elixir diferentes resolucións mentres instala. Se atopa problemas coa instalación gráfica, o modo texto podería ser unha segunda opción.

@@@fkey_inst@@@ Fonte de Instalación: Escolla a fonte de instalación.

@@@fkey_dud@@@ Actualización do driver: Podería ser necesaria unha actualizacións de drivers para instalar o sistema en máquinas moi novas.