Menu Ficheiro |
Xestión
de Ficheiros e outras tarefas administrativas.
|
Abrir
|
Dialogo
Abrir ficheiro - Abre unha imaxe para vela ou editala.
|
Gardar
|
Dialogo
Gardar Ficheiro - Garda a imaxe actual (editada) no disco.
|
Cesto
do Lixo
|
Bota a
imaxe actual na cesta do lixo de fotoxx.
|
Imprimir
|
Arranxa
fotos e texto nun deseño para imprimir (ver a
aplicación irmá
printoxx).
|
Sair
|
Sair
de Fotoxx.
|
Editar
parámetros
|
Editar
parámetros afecta ó
xeito como fotoxx compón os panoramas e as imaxes HDR.
Normalmente só
precisará modificar "pano lens mm" para que coincida coa
lente da
súa cámara (no equivalente de 35 mm).
|
Crear
Miniaturas
|
Crea
miniaturas das fotografias
para mostrar as páxinas de miniaturas máis rápido.
Introducir o
cartafol que contén todas as fotografias. Facelo ao rematar a
instalación de Fotoxx ou cando reorganice a colección por
fora de
Fotoxx.
|
Comprobar
Monitor
|
Amosa
en pantalla unha paleta
de cor para axustar o monitor. Axustar o monitor de xeito que as
gradacións de luminosidade poidan ser apreciadas para todas as
cores
en ambolos dous extremos da paleta.
|
Diaporama
|
Amosa
imaxes a pantalla completa (sen menu nin barra de ferramentas). Use o
teclado para navegar . (máis).
Empregue a tecla ESC para saír do modo Diaporama.
|
Clonar
|
Abre
outra copia de Fotoxx coa imaxe actual (para comparar duas imaxes ou
comprobar os cambios durante a edición).
|
Menu Etiquetas |
Xestión de
etiquetas das imaxes (palabras chave para buscar), valoracións,
datas.
|
Editar
Etiquetas
|
Engadir
ou cambiar a data, valoración e palabras chave de unha
fotografia.
|
Buscar
|
Busca
todas as fotografias que concorden coas etiquetas desexadas e/ou coas
marxes de valoración e/ou data introducidas.
|
Construir
Indice de Etiquetas
|
Crea
un indice de datas e etiquetas para todas as imaxes.
Introducir o
cartafol que contén todas as fotografias. Facelo ao rematar a
instalación de Fotoxx ou cando reorganice a colección por
fora de
Fotoxx.
|
Amosar
Datos EXIF
|
Amosa
os datos EXIF da fotografia actual, incluindo data, exposición e
calquera outra etiqueta que se engadira á fotografia.
|
Menu Edicion
|
As
opcións de este menu modifican os ficheiros das fotografias. (máis).
|
Seleccionar
Area
|
Seleccióna
unha zona para logo
editala usando pulsacións e movementos do rato. Se non ahi unha
zona
seleccionada, as funcións de edición aplicanse a toda a
imaxe.
Inverter: reempraza a area seleccionada coa imaxe completa menos a area
seleccionada.(máis)
|
Distribuir
o Brillo
|
Homoxeneiza a
distribución da
luminosidade na fotografia. Mellora as zonas pouco contrastadas da
imaxe. Algunhas
veces e o método máis rápido e sinxelo de
conquerir melloras importantes.
(máis).
|
Brillo/
Contraste/Cor
|
Cambia a luz e a
intensidade
da cor independientemente para zonas da foto con diferente
iluminación, p.ex.
ilumina zonas escuras non afectando ás zonas xa ben iluminadas.
|
Profundidade
da Cor
|
Reduce
a profundidade da cor (número de cores mostradas). Crea efectos
tipo
póster ou pintura.
|
Intensidade
da Cor
|
Aumenta
ou diminúe a intensidade da cor nunha escala dende cero (gris)
ata a
intensidade máxima de cor.
|
Rango
RGB
|
Aumenta
ou diminue a cor principal para cada imaxe, p. ex. gris
<>rosa<>vermello.
|
Enfoque
|
Enfoca
unha imaxe desenfocada.
|
Desenfoque
|
Desenfoca
unha imaxe. (Crea unha apariencia máis borrosa, ou suaviza os
bordes).
|
Reduccion
do ruido
|
Reduce
o ruido (granulado) nas fotografias feitas con pouca luz.
|
Ollos
Vermellos
|
Elimina
o efecto de ollos
vermellos nas fotos con flash electrónico. Normalmente
premer
sobre
o ollo vermello co rato 1-3 veces soluciona o problema. Para casos
máis
extremos seleccione unha area circular arredor do ollo vermello e prema
co rato sucesivamente para escurecer a zona o desexado.
|
Recortar
|
Recorta
unha zona rectangular da fotografia.
|
Xirar
|
Xira
unha imaxe, nivela fotos desniveladas ou xiraas en pasos de 90°).
|
RedimensionarEscalar
|
Cambia
o tamaño da imaxe, usada normalmente para reducir o
tamaño das imaxes
grandes.
|
Endereitar
|
Soluciona
problemas de perspectiva: paredes curvadas ou edificios inclinados.
|
Distorsionar
|
Distorsiona
unha parte da imaxe premendo co rato e arrastrando sobre
ela. Para crear efectos
divertidos.
|
HDR
|
Combinar
unha imaxe infraesposta con unha sobreexposta para conquerir unha imaxe
máis detallada nas zonas máis iluminadas e nas
máis oscuras. HDR = high
dynamic range.
|
Panorama
|
Unir
duas ou máis imaxes solapadas para lograr unha imaxe panoramica.
|
Menu Axuda
|
Guia
de usuario, ficheiro LEAME, lista de cambios.
|
Barra de Ferramentas |
|
indice
|
Mostra unha ventá
de
miniaturas, comezando pola imaxe actual. A ventá pode
conter
varias páxinas de miniaturas e mostrar outras
localizacións.
Picando nunha miniatura mostrarase
a imaxe na ventá principal.
|
abrir
|
Atallo para a
opción Abrir no menu Ficheiro.
|
gardar
|
Atallo para a
opción Gardar no menu Ficheiro.
|
lixo
|
Atallo para a
opción cesto do lixo no menu Ficheiro.
|
ant.
|
Vai á imaxe
anterior no cartafol actual, si hai algunha.
|
seg.
|
Vai á imaxe
seguinte no cartafol actual, si hai algunha..
|
desfa.
|
Desfai (volta
atrás) os resultados da función de edición
anterior. Podense desfacer un tope de 20 accións.
|
refa.
|
Refai a acción
previa a Desfai. Podese repetir para refacer cada acción
"desfai" executada sobre a imaxe actual en edición.
|
ampl.
|
Aumenta a imaxe (o zoom).
Pode empregarse tamén o botón esquerdo do rato, centrando
en pantalla a area ampliada.
|
dimin.
|
Diminue a imaxe (o
zoom). O botón dereito do rato produce o mesmo efecto.
|
finar
|
Detén unha
función complexa
(HDR, Panorama). Un exemplo pode ser cando se decata de que as imaxes a
combinar non son as correctas.
|
sair
|
Sae de Fotoxx.
|