¡Benvido a Ubuntu 10.04 LTS!
O proxecto Ubuntu está construido sobre as ideas consagradas na filosofía Ubuntu: que o software debe estar dispoñible de forma gratuita, que as ferramentas de sofware se deben poder utilizar pola xente no seu idioma local, e que a xente debe ter a liberdade de personalizar e modificar o seu software en todo o que precise.
Obter axuda para Ubuntu:
Hai varios xeitos de conseguir axuda para Ubuntu.
Entrar nas guías de Ubuntu e na documentación seleccionando "Axuda" no menú Sistema. Tamén pode atopar axuda no sitio oficial de documentación de Ubuntu e na documentación proporcionada pola comunidade.
Se prefire un pouco de contacto humano, pode utilizar as listas de correo, os foros web, ou conversar coa comunidade na canle #ubuntu do IRC Freenode.
Tamén pode obter soporte comercial.
Participe en Ubuntu:
A comunidade Ubuntu está composta por desenvolvedores de software, escritores de documentación, tradutores, artistas gráficos, e en maior medida, a xente que está utilizando Ubuntu na súa vida diaria. Invitámolo a unirse a esta comunidade e a axudar a darlle forma a Ubuntu nun sistema operativo que satisfaga mellor as súas necesidades.
Para descubrir como participar, ¡visite a páxina de colaboración da comunidade de Ubuntu!