Merque a música mentres a escoita

O reprodutor de música de Ubuntu ten unha tenda incorporada polo que poderá comprar e descargar novas cancións de forma moi sinxela. Grazas á máxica sincronización de ficheiros de Ubuntu One pode almacenar a súa música en liña e escoitala desde outros computadores. Tamén pode sincronizar a súa música co seu reprodutor de música portábel, só ten que conectalo.