- Kontact é un completo programa de información persoal incluído en Kubuntu. Contén aplicativos para correo electrónico, calendario, caderno de enderezos e outros.
- Envíe correo electrónico con KMail mediante servizos como Yahoo, GMail e varios servizos de traballo en grupo.
- Organice a súa axenda e o seu traballo con KOrganizer e sincroníceos con servizos como Google Calendar.
- Manteña os seus contactos organizados con KAddressBook, importe ou exporte os seus contactos con case que calquera axenda de enderezos estándar, e sincroníceos con varios servizos de traballo en grupo.
Kontact é a integración perfecta para a xestión de información persoal.